Platonistas, as habitantes do mundo de Platón

Saúdos terrícola!
Somos a platonista Raquel e a platonista Andrea, e dámosche a benvida a un mundo de filosofamento e sabedoría. Neste blog poderedes atopar os máis novidosos arículos, vídeos chocantes, curiosidades.. todo elo relacionado co mundo da ciencia e filosofía. Ademais queremos introducirnos de forma tímida nun novo mundo, a MÚSICA, coa espectativa de averiguar como a estudaban na antigüidade e mostrándovos as noticias máis relevantes dos nosos días. Todo isto dende un punto de vista de dúas platonistas que veñen dun mundo lexano e extraño.
¡ Esperamos vos guste!

sábado, 5 de noviembre de 2011

Pódese provocar a choiva?

Un material térmico capaz de provocar choiva foi desenvolvido por un equipo internacional de cientificos. O sistema chámase Greshem Project e consiste nun material lixeiro e de fácil transporte que absorbe a luz solar e irrádiaa á atmosfera, formando nubes e provocando precipitacións programadas ata nas estacións non chuviosas do ano. Estendida nunha superficie de cinco quilómetros cadrados, podería facer chover nun área de ata 100 quilómetros cadrados. A primeira proba terá lugar en Israel, pero España valora tamén a súa experimentación en Andalucía. A técnica incrementaría a produción agrícola dos cultivos un 40% 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario