Platonistas, as habitantes do mundo de Platón

Saúdos terrícola!
Somos a platonista Raquel e a platonista Andrea, e dámosche a benvida a un mundo de filosofamento e sabedoría. Neste blog poderedes atopar os máis novidosos arículos, vídeos chocantes, curiosidades.. todo elo relacionado co mundo da ciencia e filosofía. Ademais queremos introducirnos de forma tímida nun novo mundo, a MÚSICA, coa espectativa de averiguar como a estudaban na antigüidade e mostrándovos as noticias máis relevantes dos nosos días. Todo isto dende un punto de vista de dúas platonistas que veñen dun mundo lexano e extraño.
¡ Esperamos vos guste!

viernes, 16 de marzo de 2012

Froita e verdura fante máis guapo

"As persoas que comen máis froita e verdura mostran unha cor de pel máis saudable". Estas son as conclusións dun estudo publicado en PLoS ONE que examinou o efecto beneficioso que teñen os carotenoides, uns pigmentos vexetais de cor avermellada, sobre o aspecto da pel.
Os investigadores, da Universidade de St. Andrews (Escocia), examinaron as variacións que se producían na coloración da pel de varios estudantes aos que se cambiaba a cantidade de froita e verdura consumida na dieta. Os resultados mostraron que é suficiente un consumo adicional de dúas porcións diarias para que os cambios na cor da pel xa sexan percibidos logo de seis semanas. "A xente que come máis vexetais ten un ton de pel dourado máis san e atractivo," indican os autores. "Os nosos resultados mostran que ata os pequenos cambios na dieta producen beneficios visibles na cor da pel. Estamos moi sorprendidos da rapidez destes cambios."

A pesar de que os expertos en saúde recomendan un consumo mínimo de cinco porcións de froita ao día, a maioría das persoas non fan caso destas suxestións xa que non senten suficientemente motivadas. Debido a isto, os investigadores pensaron que os efectos beneficiosos dunha dieta rica en vexetais sobre o atractivo físico poderían ser un bo incentivo para a poboación. "Saber que vas mellorar o teu aspecto en poucas semanas pode ser moito máis persuasivo que a promesa dunha boa saúde a longo prazo", explicaron os autores do traballo.

A entrada completa procede de Muy Interesante

viernes, 2 de marzo de 2012

Podemos controlar os soños?

Sí, e o mellor modo de conseguir­o é escoller un pensamento antes de sumirnos na inconsciencia. Deirdre Barret, psicóloga da Universidade de Harvard, pediu a varias decenas de estudantes que escollesen un problema que nece­sitaran resolver e se concentrasen nel mentres intentaban durmir. Tras unha semana, aproximada­mente a metade tivera soños relacionados coa cuestión, e un de cada catro atopara así a resposta.

Cando unha persoa é capaz ata de alterar o contido do relato onírico dise que expe­rimenta soños lúcidos. Recen­temente, científicos do instituto alemán Max Planck pediron a persoas capaces de experimen­talos que apertasen os puños na vida real, primeiro, e durmidos, despois, mentres observaban os seus cerebros cun escáner. Deste xeito comprobaron que a acti­vidad neuronal era exactamente a mesma en ambos os casos. "Soñar non é igual que ver unha película no cine de forma pasiva, senón que implica moito traballo cerebral", concluía Michael Czisch, un dos investigadores.




Por outra banda, para experimentar soños lúcidos, non hai nada mellor que darlle á consola, segundo demostra­ba hai pouco Jayne Gackenbach, psicóloga da Universidade Grant MacEwan (Canadá). Os gamers non só os experimentaron con ma­ior frecuencia, senón que tamén adoitan enfrontarse mellor ós seus pesadelos. Gackenbach suxire que os videoxogos poderían ter inte­resantes aplicacións terapéuticas, especialmente nos casos de sín­drome postraumático.

Para consultar toda a noticia clickade en Muy Interesante