Platonistas, as habitantes do mundo de Platón

Saúdos terrícola!
Somos a platonista Raquel e a platonista Andrea, e dámosche a benvida a un mundo de filosofamento e sabedoría. Neste blog poderedes atopar os máis novidosos arículos, vídeos chocantes, curiosidades.. todo elo relacionado co mundo da ciencia e filosofía. Ademais queremos introducirnos de forma tímida nun novo mundo, a MÚSICA, coa espectativa de averiguar como a estudaban na antigüidade e mostrándovos as noticias máis relevantes dos nosos días. Todo isto dende un punto de vista de dúas platonistas que veñen dun mundo lexano e extraño.
¡ Esperamos vos guste!

sábado, 26 de noviembre de 2011

"Deixa as túas pegadas no mundo, porque senón o mundo deixaraas sobre tí"



A muller.Ser muller é Paciencia. Tenrura. Dar sen esperar. Amor incondicional. Albergar durante nove meses un ser,un proxecto de vida, a cal depende do seu coidado para terminar de formarse e aprenda a vivir. Ser muller é ter luz, é aturar, é loitar cada día por un espazo na sociedade, polas inxustizas. 
Ser muller tamén significa preguntarse e non acabar de comprender qué se lle pasa a outras persoas pola cabeza cando se atréven a levantar a man...non mellor dos casos. En qu
é demos pensan cando pretenden solucionar unha querela a base de violencia, de non-respeto, de agresión.
Aínda temos moito camiño por percorrer...



     Segundo datos da ONU, o 75% das mulleres de todo o mundo sofren acosos ou maltratos ao longo da súa vida; dende a máis nova até a máis lonxeva.  25 de Novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero
Todos os demáis días tamén son loita


A todas as mulleres vítimas da violencia de xénero

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Pervivirás na túa música

Porque nunca viviu das rendas; porque nin se acomodou a base de amortizar os momentos álxidos da súa carreira; porque pertencía e pertencerá a unha estirpe diferente; porque foi membro crave dunha xeración  tallante; porque fai só dous meses estaba tocando no mítico Village Vanguard(pleno corazón do Greenwich Village neoiorquino); porque foron as súas últimas actuacións antes de morrer; porque facía aparecer unha música arriscada, nova, que motivaba aos instrumentistas que tiñan a sorte e gracia de tocar xunto con él. Porque con 80 anos e dous meses de idade, Paul Motian podería ser unha das figuras máis representativas do mundo da batería e porque a perda que supón para o jazz é tremendamente difícil de describir. Por todos os oídos que sentiron entrar o teu ritmo polas sensacións que causou nas persoas ás que agasallabas tocando e dándolle todo o teu tempo.




Por todo isto e o que nos inspiraches... boa viaxe querido Paul.

domingo, 20 de noviembre de 2011

Filosofía sobre a música na Antiga Grecia

Na antiga grecia, ademais de cavilar sobre o ser ou o cosmos, os filósofos antigos escribiron tamen sobre música. Un dos puntos que os inquedaba era a organización sonora e a través da Teoría Harmónica, preséntansenos diferentes puntos de visa.
 
O punto de partida do sistema de organización sonora na antiga Grecia eran os modos, tamén chamados  nomoi.  Os nomoi serían leis baseadas nunha combinación de escalas base e dunhas fórmulas rítmicas determinadas.
A lenda di que os nomoi foron inventados por Terpandro en torno ao século VIII a.C., cando estableceu en Esparta a ensinanza da música, quedando fixadas xa dende ese momento unhas fórmulas melódicas para funcións determinadas basadas nos sete sons das cordas da lira.

Segundo Platón os nomoi establecéronse no período arcaico como leis musicais que recollían fórmulas austeras, moi en conexión co modo dórico. Pseudoplutarco (s. III d.C.) dicía que os primeiros nomoi naceron a cargo de Terpandro, ao basear unha serie de escalas en cada unha das sete notas das sete cordas da lira.
Cada modo presentaría un ritmo melódico típico, concebido para buscar a íntima relación entre a poesía e a música, procurando chegar a unha unidade estética. De feito, cada modo ou nomoi tiña unha consideración diferente; por exemplo, Platón consideraba que o dórico era un modo máis austero e viril que confería serenidade ao espírito, mentres que o frixio podía entolecer ou o mixolidio era máis voluptuoso.

Un dos primeiros filósofos que se preocupa pola explicación da música e do seu papel no universo foi Pitágoras (s. VI a. C.), quen comeza a aplicar a lóxica á música. Para  este autor o Universo era perfecto e tiña unha forma concéntrica, de xeito que cada compoñente do Universo tiña que presentar esa perfección por medio da “harmonía do universo”. Dita harmonía estribaba segundo Pitágoras no NÚMERO, polo que a explicación da natureza, e en concreto da música, pasaba pola aplicación das matemáticas.
Pitágoras por medio do estudo do monocordio chega á conclusión de que na música hai tres intervalos perfectos, que son a 8ª (diapasón), a 5ª (diapente) e a 4ª (diatesaron). Estos intervalos pódense expresar por medio de quebrados simples, sacados do experimento do monocordio:
-               8ª: 2/1. Mentres unha corda vibra unha vez, a que sona unha oitava superior faino dúas veces.
-               5ª: 3/2. Mentres unha corda vibra 3 veces a outra a unha relación de 5ª, vibra dúas.
-               4ª: 4/3. Mentres unha corda vibra 4 veces, a outra a unha relación de 4ª vibra 3 veces.
Despois de fixar os quebrados equivalentes a cada son, chegouse á conclusión de que a diferencia entre a 4ª e a 5ª é de 9/8, polo que o quebrado que define a distancia de tono é 9/8.
Pitágoras chegou á conclusión de que a música contén en sí mesma os principios organizadores do universo, as matemáticas. 

            Aristoxeno (s. IV a. C.) segue traballando na explicación matemática da música, indagando nas posibles explicacións do tono dende outros puntos de vista. Para Aristoxeno o tono era a distancia que cabía dúas veces e media nun diatesaron (4ª), xa que el empregaba máis o oído que Pitágoras, que buscaba máis unha especulación matemática. Como Aristoxeno buscaba a distancia que podería haber entre MI-LA, o máis importante era localizar o lugar onde se podería dividir o intervalo en partes (infixo). De resultado desta división interna xorden os tres xéneros harmónicos básicos da teoría grega: o diatónico, o enharmónico e o cromático.
                                            i.      Enharmónico: ¼+ ¼+ 2 tonos
                                           ii.      Diatónico: ½+ tono+ tono
                                          iii.      Cromático: ½+ ½+ 1’5 tono          


            Filolao, seguidor de Pitágoras, intenta atopar novos intervalos diferenciando entre o tono (epogdoom) e o semitono (diesis). Filolao, por medio de razonamentos matemáticos, marcou a diferencia entre un semitono menor (diesis) e un semitono maior (apótome), polo que diferencia entre diferentes xéneros enharmónicos.

            Arquitas de Tarento (s. IV a.C.) vai máis alá e procura non só chegar a un razonamento matemático senón tamén buscar a beleza e a verdade da música, formulando o principio de superparticularidade, co que pretende manter na música unhas claras proporcións tanto nos acordes coma nos tetracordos.

jueves, 17 de noviembre de 2011

Lección de música con música

Hola terrícolas, aquí vos deixamos un enlace moi interesante sobre o libro de O mestre convida a un concerto, onde poderedes atopar en video o experimento  levado a cabo polo prestixioso compositor e director  Leonard Bernstein cos xóvenes americanos, onde a travas dunha orquesta, explícanos moitos conceptos sobre a música e como podemos entendela dunha forma sinxela. Esperamos que poidades evadir a vosa mente á vez que aprendedes.



Leonard Bernstein en un concerto
http://nosvemosenelblog.blogspot.com/

martes, 15 de noviembre de 2011

Asocición de Abducidos de Compostela

Terrícolas!!! dentro de moi pouco faremos unha nova viaxe cara o voso mundo, asique esperámosvos xunto cos membros da Asociación de Abducidos de Compostela. 
NOTA: LEVADE PALOMITAS.
NOTA 2: PREPARADE OS OS VOSOS CUS PARA A SONDA ANAL.


martes, 8 de noviembre de 2011

Abride as antenas terrícolas!!! Novo individuo prodixio do noso planeta

Jacob Barnett é un neno de Indiana que ten só 12 anos. Pero a súa vida ten poucas similitudes coa doutros mozos da súa idade, non só por que Jacob padece síndrome de Asperger, unha das variacións de autismo que se teñen médicamente rexistradas, senón por que en lugar de pasar o seu tempo xogando videoxogos ou masturbándose, este neno dedícase a elaborar complexos cálculos de álxebra, así como a desenvolver novos modelos de trigonometría ou estudar variables de xeometría difíciles de concibir para a adulta media. De feito, actualmente Jacob imparte clases complementarias a estudantes universitarios e os profesores da Universidade de Indiana contemplan a posibilidade de outorgarlle un título para que leve a cabo investigacións matemáticas como parte dun PhD.
                           
Cun IQ de 170 (esa medida ochentera de intelixencia que aínda que resulta un criterio bastante limitado o certo é que algo debe de reflectir), Jacob supera neste rubro ata ao mesmo Einstein. Pero o seu reto ao pai da relatividad non queda só aí, xa que este neno prodixio atópase desenvolvendo o seu proxecto máis ambicioso ata agora: acuñar unha versión expandida da teoría da relatividad do propio Einstein.

Previo a confirmarse que o seu fillo era un xenio, a nai de Jacob chegou a pensar que talvez o seu fillo era vítima de sofisticadas alucinacións numéricas e decidiu videograbarlo explicando a súa nova teoría. O vídeo foi enviado ao Instituto de Estudos Avanzados, situado preto de Princeton, onde o profesor de astrofísica Scott Tremaine, un dos máis recoñecidos teóricos desta disciplina ao redor do mundo, confirmou a autenticidade do modelo de Jacob. "Estou impresionado no seu interese pola física e na cantidade de coñecemento que acumulou ata agora. A teoría na cal esta traballando involucra varios dos máis complicados problemas de astrofísica e física teorética. Calquera que os resolva será un serio candidato ao premio Nobel" escribiu Tremaine nunha carta dirixida á familia.

A síndrome de Asperger é considerado como unha forma de autismo, unha das máis leves, xa que permite un mellor funcionamento social en quenes o padecen. Así mesmo, asocióuselle con notables aptitudes mentais como unha incrible capacidade de memorización, un alto grao de racionalidade e pragmatismo nun plano intelectual, capacidades que permiten penetrar fácil e hábilmente nalgunhas disciplinas como a física, as matemáticas, a programación computacional e ata a música.


Complementariamente, quen padecen a síndrome de Asperger manifestan unha necesidade por profundar no coñecemento do rubro que lles interesou, o cal lévalles en moitas ocasións a resolver algúns dos máis profundos enigmas.

Se queredes saber máis desta noticia, visitade o Dailymail (xornal británico que a publicou)

Mulleres e ciencia

Seguramente relacionemos a ciencia co sexo masculino, xa sexa pola relatividade de Einstein, pola gravidade de Newton ou polos triángulos de Pitágoras; mais as mulleres contribuíron do mesmo xeito no ámbito da ciencia. As actuais universidades forman miles de futuras científicas, pero hai un número delas que nos axudaron ao longo da historia con grandiosas teorías, experimentos e descubrimentos, feito que, á hora de ocupar as primeiras planas, a sociedade relega. Escollamos o número dez como ránking para as mulleres máis importantes no mundo científico:


A célebre química, Marie Curie , cabeza principal dos nosos coñecementos químicos da radiación, ocupa o primeiro lugar.
1. Marie Curie, investigadora da radio actividade.
2. Rosalind Franklin, biofísica crucial para o coñecemento do ADN.
3. Hipatia, filósofa neoplatónoca destacada en matemáticas e astronomía.
4. Jocelyn Bell Burnell, astrofísica descubridora da primeira radiosinal de pulsar.
5. Ada Lovelace, pioneira na programación de informática.
6. Lise Meitner, física descubridora do protactinio.
7. Dorothy Crowfoot Hodgkin, química pioneira na aplicación de raios X á bioquímica.
8. Sophie Germain, matemática francesa destacada en su aporte á teoría de números.
9. Rachel Carson, figura clave na ecoloxía e xeración da conciencia ambiental.
10. Jane Goodall, primatóloga que estudou ao uso de ferramentas en chimpancés.

sábado, 5 de noviembre de 2011

Pódese provocar a choiva?

Un material térmico capaz de provocar choiva foi desenvolvido por un equipo internacional de cientificos. O sistema chámase Greshem Project e consiste nun material lixeiro e de fácil transporte que absorbe a luz solar e irrádiaa á atmosfera, formando nubes e provocando precipitacións programadas ata nas estacións non chuviosas do ano. Estendida nunha superficie de cinco quilómetros cadrados, podería facer chover nun área de ata 100 quilómetros cadrados. A primeira proba terá lugar en Israel, pero España valora tamén a súa experimentación en Andalucía. A técnica incrementaría a produción agrícola dos cultivos un 40%