Platonistas, as habitantes do mundo de Platón

Saúdos terrícola!
Somos a platonista Raquel e a platonista Andrea, e dámosche a benvida a un mundo de filosofamento e sabedoría. Neste blog poderedes atopar os máis novidosos arículos, vídeos chocantes, curiosidades.. todo elo relacionado co mundo da ciencia e filosofía. Ademais queremos introducirnos de forma tímida nun novo mundo, a MÚSICA, coa espectativa de averiguar como a estudaban na antigüidade e mostrándovos as noticias máis relevantes dos nosos días. Todo isto dende un punto de vista de dúas platonistas que veñen dun mundo lexano e extraño.
¡ Esperamos vos guste!

jueves, 23 de febrero de 2012

Atentos estudantes!



Dicía Francis Bacon que "A esperanza é un bo almorzo pero unha mala cea". Pero ademais da esperanza, hai outros alimentos que nos sentan especialmente ben se se inclúen na primeira comida do día. Contámosche sete achados científicos que debes ter en conta á hora de almorzar.

Non o saltes. De acordo cun estudo publicado pola Universidade de Tasmanai (Australia) na revista American Journal of Clinical Nutrition, tanto os nenos como os adultos que se saltan a primeira comida do día tenden a comer peor e facer unha vida máis sedentaria. Ademais adoitan ter niveis de colesterol e insulina máis elevados (e polo tanto máis tendencia a sufrir diabetes e cardiopatías) que quen almorzan.

Menos sobrepeso. Un estudo do Instituto Nacional de Corazón, os Pulmóns e o Sangue (EE UU) revelou que as mozas que almorzan cereais teñen un índice cintura-altura máis baixo, que é o mellor indicador de ausencia de sobrepeso e baixo risco cardiovascular. Ademais, un estudo da Universidade de Scraton revelou que os cereais de trigo ou millo conteñen máis antioxidantes que calquera outro almorzo.

En reunión. Segundo unha enquisa de OnePoll, as reunións durante o almorzo son máis produtivas que as reunións pola tarde. O 67% dos suxeitos están máis predispostos a estar atentos durante o almorzo.

O exercicio, primeiro. Un recente estudo da Universidade de Birmingham publicado en Medicine 

Se queredes saber máis, clickade en MuyInteresante

domingo, 12 de febrero de 2012

Morre unha grande do pop, Whitney Houston

Whitney Houston, a raíña negra do pop dos 80 e os 90, morreu este sábado aos 48 anos. A cantante foi atopada sen vida nun hotel de Beverly Hills.




A diva cun historial turbulento de abusos de drogas describiu os seus tormentos publicamente. "O gran demo está en min. Son ou o meu mellor amigo ou o meu peor inimigo", dixo nunha entrevista á ABC en 2002.

Houston estaba o sábado no hotel Beverly Hilton preparándose para unha festa antes dos premios Grammy que organizaba Clive Davis, o magnate musical. El foi quen descubriu a Whitney mentres cantaba coa súa nai nun club de New Xersei.

A policía de Beverly Hills confirmou que o servizo de urxencias acudiu á chamada do hotel e atopou o corpo de Houston na habitación sobre as tres e media da tarde hora de California (as doce e media da noite na Península). Os médicos trataron de reanimala durante uns 20 minutos sen éxito. A policía asegura que o corpo non presentaba signos de violencia, aínda que aínda investiga a causa da morte.






 Whitney, cantante de R&B, pop e gospel, tamén destacou como actriz, compositora, produtora, empresaria e modelo. De acordo con Guinness World Records é, ata a data, a artista máis galardoada de todos os tempos, con dous premios Emmy, seis premios Grammy, 30 premios Billboard Music Awards, 22 American Music Awards, entre outros, cun total de 415 premios na súa carreira. Tamén é unha das artistas musicais con maior venda de discos no mundo, xa que vendeu máis de 170 millóns de álbums, sinxelos e vídeos. Sen dúbida algunha o mundo enteiro está conmocionado pola súa morte e será recordada a partires de hoxe como unha das mellores cantantes do R&B e gospel.
Boa viaxe querida Whitney


Se queredes saber máis ide á páxina de El Mundo

viernes, 10 de febrero de 2012

3 alimentos para 3 mil exames

Os 3 alimentos base para os estudantes

Múltiples estudos neurocientíficos revelan que a dieta inflúe no rendemento do cerebro á hora de aprender. Ademais de recomendar aos estudantes evitar comidas demasiado graxas e copiosas, os investigadores identificaron algúns compoñentes dos alimentos que poden axudar a obtner mellores resultados nun exame. Estes son algúns deles.

  Cenouras. Esta verdura é boa para a memoria. O antioxidante beta-caroteno que conteñen as cenouras pode mellorar os resultados en test de memoria sobre todo se se consome a longo prazo, segundo un estudo realizado por médicos de Boston e publicado na revista The Arquives of Internal Medicine. Sobre todo na memoria verbal.

Salmón e atún. Os acedos omega-3, presentes no salmon e o atún, pero tamén nas noces e o kiwi, entre outros alimentos, melloran a memoria e a aprendizaxe, segundo demostrou Fernando Gómez-Pinilla, investigador do Instituto de Investigación do Cerebro da Universidade de California. Segundo desvelaba o investigadoren un artigo publicado en Nature Reviews Neuroscience, débese a que este ácido graso é necesario para as conexións entre as neuronas (sinapsis) e para que se expresen certas moléculas relacionadas coa memoria que se atopan en ditas sinapsis.

Améndoas. Un estudo realizado hai pouco por Neelima Chauhan e os seus colegas da Universidade de Illinois-Chicago revelou que se resolven mellor os test de memoria logo de varios meses consumindo a diario un puñado de améndoas.
Para saber máis visitade  Muy Interesante