Platonistas, as habitantes do mundo de Platón

Saúdos terrícola!
Somos a platonista Raquel e a platonista Andrea, e dámosche a benvida a un mundo de filosofamento e sabedoría. Neste blog poderedes atopar os máis novidosos arículos, vídeos chocantes, curiosidades.. todo elo relacionado co mundo da ciencia e filosofía. Ademais queremos introducirnos de forma tímida nun novo mundo, a MÚSICA, coa espectativa de averiguar como a estudaban na antigüidade e mostrándovos as noticias máis relevantes dos nosos días. Todo isto dende un punto de vista de dúas platonistas que veñen dun mundo lexano e extraño.
¡ Esperamos vos guste!

Mulleres

Mulleres

"Deixa as túas pegadas no mundo, porque senón o mundo deixaraas sobre tí"



A muller.Ser muller é Paciencia. Tenrura. Dar sen esperar. Amor incondicional. Albergar durante nove meses un ser,un proxecto de vida, a cal depende do seu coidado para terminar de formarse e aprenda a vivir. Ser muller é ter luz, é aturar, é loitar cada día por un espazo na sociedade, polas inxustizas. 
Ser muller tamén significa preguntarse e non acabar de comprender qué se lle pasa a outras persoas pola cabeza cando se atréven a levantar a man...non mellor dos casos. En qu
é demos pensan cando pretenden solucionar unha querela a base de violencia, de non-respeto, de agresión.
Aínda temos moito camiño por percorrer...



     Segundo datos da ONU, o 75% das mulleres de todo o mundo sofren acosos ou maltratos ao longo da súa vida; dende a máis nova até a máis lonxeva.  25 de Novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero
Todos os demáis días tamén son loita


A todas as mulleres vítimas da violencia de xénero

 

 

Mulleres e ciencia

Seguramente relacionemos a ciencia co sexo masculino, xa sexa pola relatividade de Einstein, pola gravidade de Newton ou polos triángulos de Pitágoras; mais as mulleres contribuíron do mesmo xeito no ámbito da ciencia. As actuais universidades forman miles de futuras científicas, pero hai un número delas que nos axudaron ao longo da historia con grandiosas teorías, experimentos e descubrimentos, feito que, á hora de ocupar as primeiras planas, a sociedade relega. Escollamos o número dez como ránking para as mulleres máis importantes no mundo científico:


A célebre química, Marie Curie , cabeza principal dos nosos coñecementos químicos da radiación, ocupa o primeiro lugar.
1. Marie Curie, investigadora da radio actividade.
2. Rosalind Franklin, biofísica crucial para o coñecemento do ADN.
3. Hipatia, filósofa neoplatónoca destacada en matemáticas e astronomía.
4. Jocelyn Bell Burnell, astrofísica descubridora da primeira radiosinal de pulsar.
5. Ada Lovelace, pioneira na programación de informática.
6. Lise Meitner, física descubridora do protactinio.
7. Dorothy Crowfoot Hodgkin, química pioneira na aplicación de raios X á bioquímica.
8. Sophie Germain, matemática francesa destacada en su aporte á teoría de números.
9. Rachel Carson, figura clave na ecoloxía e xeración da conciencia ambiental.
10. Jane Goodall, primatóloga que estudou ao uso de ferramentas en chimpancés.