Platonistas, as habitantes do mundo de Platón

Saúdos terrícola!
Somos a platonista Raquel e a platonista Andrea, e dámosche a benvida a un mundo de filosofamento e sabedoría. Neste blog poderedes atopar os máis novidosos arículos, vídeos chocantes, curiosidades.. todo elo relacionado co mundo da ciencia e filosofía. Ademais queremos introducirnos de forma tímida nun novo mundo, a MÚSICA, coa espectativa de averiguar como a estudaban na antigüidade e mostrándovos as noticias máis relevantes dos nosos días. Todo isto dende un punto de vista de dúas platonistas que veñen dun mundo lexano e extraño.
¡ Esperamos vos guste!

Música




Morre unha grande do pop, Whitney Houston

Whitney Houston, a raíña negra do pop dos 80 e os 90, morreu este sábado aos 48 anos. A cantante foi atopada sen vida nun hotel de Beverly Hills.




A diva cun historial turbulento de abusos de drogas describiu os seus tormentos publicamente. "O gran demo está en min. Son ou o meu mellor amigo ou o meu peor inimigo", dixo nunha entrevista á ABC en 2002.

Houston estaba o sábado no hotel Beverly Hilton preparándose para unha festa antes dos premios Grammy que organizaba Clive Davis, o magnate musical. El foi quen descubriu a Whitney mentres cantaba coa súa nai nun club de New Xersei.

A policía de Beverly Hills confirmou que o servizo de urxencias acudiu á chamada do hotel e atopou o corpo de Houston na habitación sobre as tres e media da tarde hora de California (as doce e media da noite na Península). Os médicos trataron de reanimala durante uns 20 minutos sen éxito. A policía asegura que o corpo non presentaba signos de violencia, aínda que aínda investiga a causa da morte.






 Whitney, cantante de R&B, pop e gospel, tamén destacou como actriz, compositora, produtora, empresaria e modelo. De acordo con Guinness World Records é, ata a data, a artista máis galardoada de todos os tempos, con dous premios Emmy, seis premios Grammy, 30 premios Billboard Music Awards, 22 American Music Awards, entre outros, cun total de 415 premios na súa carreira. Tamén é unha das artistas musicais con maior venda de discos no mundo, xa que vendeu máis de 170 millóns de álbums, sinxelos e vídeos. Sen dúbida algunha o mundo enteiro está conmocionado pola súa morte e será recordada a partires de hoxe como unha das mellores cantantes do R&B e gospel.
Boa viaxe querida Whitney.



 MÚSICA E JAZZ


A MÚSICA JAZZ
O jazz é un xénero que no mundo occidental, durante moitos anos non se vía como culto a pesares de ser igual ou máis difícil de comprender e estudar que o clásico. Neste blog queremos tamén darlle importancia e con este cadro deixamos unha breve cronoloxía da súa historia ata a década dos 60.


 

Lección de música con música

Hola terrícolas, aquí vos deixamos un enlace moi interesante sobre o libro de O mestre convida a un concerto, onde poderedes atopar en video o experimento  levado a cabo polo prestixioso compositor e director  Leonard Bernstein cos xóvenes americanos, onde a travas dunha orquesta, explícanos moitos conceptos sobre a música e como podemos entendela dunha forma sinxela. Esperamos que poidades evadir a vosa mente á vez que aprendedes.



Leonard Bernstein en un concerto
http://nosvemosenelblog.blogspot.com/



Filosofía sobre a música na Antiga Grecia

Na antiga grecia, ademais de cavilar sobre o ser ou o cosmos, os filósofos antigos escribiron tamen sobre música. Un dos puntos que os inquedaba era a organización sonora e a través da Teoría Harmónica, preséntansenos diferentes puntos de visa.
 
O punto de partida do sistema de organización sonora na antiga Grecia eran os modos, tamén chamados  nomoi.  Os nomoi serían leis baseadas nunha combinación de escalas base e dunhas fórmulas rítmicas determinadas.
A lenda di que os nomoi foron inventados por Terpandro en torno ao século VIII a.C., cando estableceu en Esparta a ensinanza da música, quedando fixadas xa dende ese momento unhas fórmulas melódicas para funcións determinadas basadas nos sete sons das cordas da lira.

Segundo Platón os nomoi establecéronse no período arcaico como leis musicais que recollían fórmulas austeras, moi en conexión co modo dórico. Pseudoplutarco (s. III d.C.) dicía que os primeiros nomoi naceron a cargo de Terpandro, ao basear unha serie de escalas en cada unha das sete notas das sete cordas da lira.
Cada modo presentaría un ritmo melódico típico, concebido para buscar a íntima relación entre a poesía e a música, procurando chegar a unha unidade estética. De feito, cada modo ou nomoi tiña unha consideración diferente; por exemplo, Platón consideraba que o dórico era un modo máis austero e viril que confería serenidade ao espírito, mentres que o frixio podía entolecer ou o mixolidio era máis voluptuoso.

Un dos primeiros filósofos que se preocupa pola explicación da música e do seu papel no universo foi Pitágoras (s. VI a. C.), quen comeza a aplicar a lóxica á música. Para  este autor o Universo era perfecto e tiña unha forma concéntrica, de xeito que cada compoñente do Universo tiña que presentar esa perfección por medio da “harmonía do universo”. Dita harmonía estribaba segundo Pitágoras no NÚMERO, polo que a explicación da natureza, e en concreto da música, pasaba pola aplicación das matemáticas.
Pitágoras por medio do estudo do monocordio chega á conclusión de que na música hai tres intervalos perfectos, que son a 8ª (diapasón), a 5ª (diapente) e a 4ª (diatesaron). Estos intervalos pódense expresar por medio de quebrados simples, sacados do experimento do monocordio:
-               8ª: 2/1. Mentres unha corda vibra unha vez, a que sona unha oitava superior faino dúas veces.
-               5ª: 3/2. Mentres unha corda vibra 3 veces a outra a unha relación de 5ª, vibra dúas.
-               4ª: 4/3. Mentres unha corda vibra 4 veces, a outra a unha relación de 4ª vibra 3 veces.
Despois de fixar os quebrados equivalentes a cada son, chegouse á conclusión de que a diferencia entre a 4ª e a 5ª é de 9/8, polo que o quebrado que define a distancia de tono é 9/8.
Pitágoras chegou á conclusión de que a música contén en sí mesma os principios organizadores do universo, as matemáticas. 

            Aristoxeno (s. IV a. C.) segue traballando na explicación matemática da música, indagando nas posibles explicacións do tono dende outros puntos de vista. Para Aristoxeno o tono era a distancia que cabía dúas veces e media nun diatesaron (4ª), xa que el empregaba máis o oído que Pitágoras, que buscaba máis unha especulación matemática. Como Aristoxeno buscaba a distancia que podería haber entre MI-LA, o máis importante era localizar o lugar onde se podería dividir o intervalo en partes (infixo). De resultado desta división interna xorden os tres xéneros harmónicos básicos da teoría grega: o diatónico, o enharmónico e o cromático.
                                            i.      Enharmónico: ¼+ ¼+ 2 tonos
                                           ii.      Diatónico: ½+ tono+ tono
                                          iii.      Cromático: ½+ ½+ 1’5 tono          


            Filolao, seguidor de Pitágoras, intenta atopar novos intervalos diferenciando entre o tono (epogdoom) e o semitono (diesis). Filolao, por medio de razonamentos matemáticos, marcou a diferencia entre un semitono menor (diesis) e un semitono maior (apótome), polo que diferencia entre diferentes xéneros enharmónicos.

            Arquitas de Tarento (s. IV a.C.) vai máis alá e procura non só chegar a un razonamento matemático senón tamén buscar a beleza e a verdade da música, formulando o principio de superparticularidade, co que pretende manter na música unhas claras proporcións tanto nos acordes coma nos tetracordos. 

Pervivirás na túa música

Porque nunca viviu das rendas; porque nin se acomodou a base de amortizar os momentos álxidos da súa carreira; porque pertencía e pertencerá a unha estirpe diferente; porque foi membro crave dunha xeración  tallante; porque fai só dous meses estaba tocando no mítico Village Vanguard(pleno corazón do Greenwich Village neoiorquino); porque foron as súas últimas actuacións antes de morrer; porque facía aparecer unha música arriscada, nova, que motivaba aos instrumentistas que tiñan a sorte e gracia de tocar xunto con él. Porque con 80 anos e dous meses de idade, Paul Motian podería ser unha das figuras máis representativas do mundo da batería e porque a perda que supón para o jazz é tremendamente difícil de describir. Por todos os oídos que sentiron entrar o teu ritmo polas sensacións que causou nas persoas ás que agasallabas tocando e dándolle todo o teu tempo.




Por todo isto e o que nos inspiraches... boa viaxe querido Paul.