Cando unha persoa é capaz ata de alterar o contido do relato onírico dise que experimenta soños lúcidos. Recentemente, científicos do instituto alemán Max Planck pediron a persoas capaces de experimentalos que apertasen os puños na vida real, primeiro, e durmidos, despois, mentres observaban os seus cerebros cun escáner. Deste xeito comprobaron que a actividad neuronal era exactamente a mesma en ambos os casos. "Soñar non é igual que ver unha película no cine de forma pasiva, senón que implica moito traballo cerebral", concluía Michael Czisch, un dos investigadores.
Por outra banda, para experimentar soños lúcidos, non hai nada mellor que darlle á consola, segundo demostraba hai pouco Jayne Gackenbach, psicóloga da Universidade Grant MacEwan (Canadá). Os gamers non só os experimentaron con maior frecuencia, senón que tamén adoitan enfrontarse mellor ós seus pesadelos. Gackenbach suxire que os videoxogos poderían ter interesantes aplicacións terapéuticas, especialmente nos casos de síndrome postraumático.
Para consultar toda a noticia clickade en Muy Interesante
No hay comentarios:
Publicar un comentario