Whitney Houston, a raíña negra do pop dos 80 e os 90, morreu este sábado aos 48 anos. A cantante foi atopada sen vida nun hotel de Beverly Hills.
A diva cun historial turbulento de abusos de drogas describiu os seus tormentos publicamente. "O gran demo está en min. Son ou o meu mellor amigo ou o meu peor inimigo", dixo nunha entrevista á ABC en 2002.
Houston estaba o sábado no hotel Beverly Hilton preparándose para unha festa antes dos premios Grammy que organizaba Clive Davis, o magnate musical. El foi quen descubriu a Whitney mentres cantaba coa súa nai nun club de New Xersei.
A policía de Beverly Hills confirmou que o servizo de urxencias acudiu á chamada do hotel e atopou o corpo de Houston na habitación sobre as tres e media da tarde hora de California (as doce e media da noite na Península). Os médicos trataron de reanimala durante uns 20 minutos sen éxito. A policía asegura que o corpo non presentaba signos de violencia, aínda que aínda investiga a causa da morte.
Whitney, cantante de R&B, pop e gospel, tamén destacou como actriz, compositora, produtora, empresaria e modelo. De acordo con Guinness World Records é, ata a data, a artista máis galardoada de todos os tempos, con dous premios Emmy, seis premios Grammy, 30 premios Billboard Music Awards, 22 American Music Awards, entre outros, cun total de 415 premios na súa carreira. Tamén é unha das artistas musicais con maior venda de discos no mundo, xa que vendeu máis de 170 millóns de álbums, sinxelos e vídeos. Sen dúbida algunha o mundo enteiro está conmocionado pola súa morte e será recordada a partires de hoxe como unha das mellores cantantes do R&B e gospel.
Boa viaxe querida Whitney
Se queredes saber máis ide á páxina de El Mundo
Páginas
Platonistas, as habitantes do mundo de Platón
Saúdos terrícola!
Somos a platonista Raquel e a platonista Andrea, e dámosche a benvida a un mundo de filosofamento e sabedoría. Neste blog poderedes atopar os máis novidosos arículos, vídeos chocantes, curiosidades.. todo elo relacionado co mundo da ciencia e filosofía. Ademais queremos introducirnos de forma tímida nun novo mundo, a MÚSICA, coa espectativa de averiguar como a estudaban na antigüidade e mostrándovos as noticias máis relevantes dos nosos días. Todo isto dende un punto de vista de dúas platonistas que veñen dun mundo lexano e extraño.
¡ Esperamos vos guste!
¡ Esperamos vos guste!
Mostrando entradas con la etiqueta Mulleres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mulleres. Mostrar todas las entradas
domingo, 12 de febrero de 2012
sábado, 26 de noviembre de 2011
"Deixa as túas pegadas no mundo, porque senón o mundo deixaraas sobre tí"
A muller.Ser muller é Paciencia. Tenrura. Dar sen esperar. Amor incondicional. Albergar durante nove meses un ser,un proxecto de vida, a cal depende do seu coidado para terminar de formarse e aprenda a vivir. Ser muller é ter luz, é aturar, é loitar cada día por un espazo na sociedade, polas inxustizas.
Ser muller tamén significa preguntarse e non acabar de comprender qué se lle pasa a outras persoas pola cabeza cando se atréven a levantar a man...non mellor dos casos. En qué demos pensan cando pretenden solucionar unha querela a base de violencia, de non-respeto, de agresión.

Aínda temos moito camiño por percorrer...
Segundo datos da ONU, o 75% das mulleres de todo o mundo sofren acosos ou maltratos ao longo da súa vida; dende a máis nova até a máis lonxeva. 25 de Novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero
Todos os demáis días tamén son loita
A todas as mulleres vítimas da violencia de xénero
martes, 8 de noviembre de 2011
Mulleres e ciencia
Seguramente relacionemos a ciencia co sexo masculino, xa sexa pola relatividade de Einstein, pola gravidade de Newton ou polos triángulos de Pitágoras; mais as mulleres contribuíron do mesmo xeito no ámbito da ciencia. As actuais universidades forman miles de futuras científicas, pero hai un número delas que nos axudaron ao longo da historia con grandiosas teorías, experimentos e descubrimentos, feito que, á hora de ocupar as primeiras planas, a sociedade relega. Escollamos o número dez como ránking para as mulleres máis importantes no mundo científico:
A célebre química, Marie Curie , cabeza principal dos nosos coñecementos químicos da radiación, ocupa o primeiro lugar.
1. Marie Curie, investigadora da radio actividade.
2. Rosalind Franklin, biofísica crucial para o coñecemento do ADN.
3. Hipatia, filósofa neoplatónoca destacada en matemáticas e astronomía.
4. Jocelyn Bell Burnell, astrofísica descubridora da primeira radiosinal de pulsar.
5. Ada Lovelace, pioneira na programación de informática.

6. Lise Meitner, física descubridora do protactinio.
7. Dorothy Crowfoot Hodgkin, química pioneira na aplicación de raios X á bioquímica.
8. Sophie Germain, matemática francesa destacada en su aporte á teoría de números.
9. Rachel Carson, figura clave na ecoloxía e xeración da conciencia ambiental.
10. Jane Goodall, primatóloga que estudou ao uso de ferramentas en chimpancés.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)