Platonistas, as habitantes do mundo de Platón

Saúdos terrícola!
Somos a platonista Raquel e a platonista Andrea, e dámosche a benvida a un mundo de filosofamento e sabedoría. Neste blog poderedes atopar os máis novidosos arículos, vídeos chocantes, curiosidades.. todo elo relacionado co mundo da ciencia e filosofía. Ademais queremos introducirnos de forma tímida nun novo mundo, a MÚSICA, coa espectativa de averiguar como a estudaban na antigüidade e mostrándovos as noticias máis relevantes dos nosos días. Todo isto dende un punto de vista de dúas platonistas que veñen dun mundo lexano e extraño.
¡ Esperamos vos guste!

jueves, 23 de febrero de 2012

Atentos estudantes!



Dicía Francis Bacon que "A esperanza é un bo almorzo pero unha mala cea". Pero ademais da esperanza, hai outros alimentos que nos sentan especialmente ben se se inclúen na primeira comida do día. Contámosche sete achados científicos que debes ter en conta á hora de almorzar.

Non o saltes. De acordo cun estudo publicado pola Universidade de Tasmanai (Australia) na revista American Journal of Clinical Nutrition, tanto os nenos como os adultos que se saltan a primeira comida do día tenden a comer peor e facer unha vida máis sedentaria. Ademais adoitan ter niveis de colesterol e insulina máis elevados (e polo tanto máis tendencia a sufrir diabetes e cardiopatías) que quen almorzan.

Menos sobrepeso. Un estudo do Instituto Nacional de Corazón, os Pulmóns e o Sangue (EE UU) revelou que as mozas que almorzan cereais teñen un índice cintura-altura máis baixo, que é o mellor indicador de ausencia de sobrepeso e baixo risco cardiovascular. Ademais, un estudo da Universidade de Scraton revelou que os cereais de trigo ou millo conteñen máis antioxidantes que calquera outro almorzo.

En reunión. Segundo unha enquisa de OnePoll, as reunións durante o almorzo son máis produtivas que as reunións pola tarde. O 67% dos suxeitos están máis predispostos a estar atentos durante o almorzo.

O exercicio, primeiro. Un recente estudo da Universidade de Birmingham publicado en Medicine 

Se queredes saber máis, clickade en MuyInteresante

No hay comentarios:

Publicar un comentario